cabecera
  Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas

CONCLUSIÓNS OFICIAIS

As xornadas de Radio Televisión Digital Terrestre celebradas en Ibiza o pasado mes deron lugar a un documento no que os Consellos Asesores de RTVE nas diferentes comunidades Autónomas de España solicitan, entre outros, unha "profunda reflexión e consenso de todas as forzas políticas que permitan unha regulación coherente da TDT". Pode descargar o texto completo aquí.

¿Que opinión lle merece a programación de RNE-G?
O Consello Asesor de RTVE-Galicia continua coa sección de enquisas co desexo de coñecer a opinión dos cidadáns sobre a calidade da programación de Radio Nacional de España en Galicia.
Activo desde o 18/05/2005 ata o 18/11/2009


 


Pasamento de D. Alberto Durán Núñez

Os membros do Consello Asesor de Rtve en Galicia, expresan o seu mais sentido pésame polo pasamento de Alberto e queren compartir con toda a sua familia estes momentos tan duros de dolor e pena. Porque Alberto ademais dun bo compañeiro, era unha gran persoa e un gran amigo


Tamén se entregará o premio do IV concurso de autopromoción dos premios
XV edición dos Premios de Publicidade en Galego
O acto será o día 23 ás 18h na Facultade de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la Universidad de Vigo (Campus Pontevedra)

Asistirán o Director Xeral de Comunicación e Audiovisual da Xunta de Galicia, o Alcalde de Pontevedra, o Subdelegado do Goberno, a Vicepresidenta da Deputación Provincial, a Presidenta do Consello de Administración da CRTVG así como directivos de empresas de publicidade e das entidades e Institucións premiadas e o Decano e Vice-Decano da facultade anfitriona. O consello asesor da CRTVG e da RTVE-G, coa colaboración da Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, convoca a XV Edición dos Premios de Publicidade en Galego, así como a entrega dos premios da 4ª Edición do Concurso da "Campaña de promoción dos Premios de Publicidade en Galego", que ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e a utilización do galego en todos os ámbitos da vida. Os premios están dirixidos a estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Galería de fotos


Xoves, 23 de outubro
Entrega do XV Premio de Publicidade en Galego
O premio entregarase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo

O xoves día 23 de Outubro, ás 18:00 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo en Pontevedra (Campus da Xunqueira), terá lugar a entrega do “XV Premio de Publicidade en Galego”, que foi convocado polo Consello Asesor, facéndose público o fallo do Xurado. O acto estará presidido polo Secretario Xeral de Comunicación, D. Fernando Salgado.



Informe do Consello Asesor do Plan de actuación da CRTVG para o ano 2009

Neste documento, aprobado polo Pleno do Consello Asesor celebrado o doce de febreiro de dous mil nove, recóllense consideracións sobre documento facilitado pola CRTVG, que conten o Plan de Actuación para o 2009, na xuntanza co seu Consello de Administración celebrada o 13 de xaneiro.

filete


Informe "Emitindo en dixital"
Deseños de futuro en radio e televisión

Este informe elaborado polo Consello Asesor de RTVE en Galicia e coordinado por Miguel Túñez recolle as aportacións de importantes persoeiros da radio e da televisión.

filete

O Consello Asesor aplaude a nova imaxe corporativa da CRTVG
Informe do Consello Asesor sobre o Plan de actuacións da CRTVG e sociedades do ano 2007
Destaca a actitude honesta e valente da CRTVG na elaboración do Plan de actuacións

En cumprimento das súas obrigas, este Consello quere facer consideracións xerais sobre os capítulos do informe que se relacionan coa programación na radio e na TV aínda que aplaude tamén o resultado do cambio na imaxe corporativa e o empuxe dado ó Servizo de arquivo e documentación (arquivo sonoro da RG, potenciación da produción documental, recuperación de material das delegacións..).

filete

   
consorcio banner

 

Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com