| |
|
|
2.- ESTRUCTURA DO INFORME
O 27 de xuño de 2002, a
proposta da Comisión de Relacións Institucionais e Cobertura, o Pleno
do Consello Asesor de RTVE en Galicia acorda elaborar un informe sobre
a cobertura dos medios de comunicación pública no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia, solicitando de tódolos Concellos o envío de información
sobre a cobertura de TVE e RNE nos límites do seu municipio e as reclamacións
que, nesta materia, puideran existir en dito ámbito [Anexo 1]. O presente
Informe, coa análise das respostas, dispón da seguinte estructura:
A) Participación
Inclúese a relación completa
dos municipios galegos, cos seus correspondentes datos de superficie e
poboación (actualizados ó 01/01/2002), a súa participación nesta enquisa
(e noutras anteriores do Consello Asesor, para contrastar posteriormente
a información), e a codificación numérica que os identifica na correspondente
base de datos.
Una vez tabuladas as respostas,
analizase o grado de participación global (54.29%) e provincial (54.26%
A CORUÑA, 47.76% LUGO, 48.91% OURENSE e 69.35% PONTEVEDRA), coa conseguinte
representatividade demográfica e territorial da información dispoñible.
Como resumen, incorpórase
a representación cartográfica dos municipios de Galicia con resposta e
sen resposta (Mapa 1),
Para evitar posibles conclusións
erróneas sobre a cobertura, derivadas da falta de información sobre algúns
Concellos, este epígrafe remátase formulando as posibles hipóteses explicativas
desa falta de resposta.
B) Fonte de datos
Neste epígrafe faise o tratamento
previo dos datos aportados polos diversos Concellos, a fin de valorala
fiabilidade, a calidade das respostas, a coherencia global dos datos,
etc. En función das respostas, dispoñemos así de información sobre:
| |
a) |
Remitentes da información:
Alcalde (titular ou accidental), Tenentes de alcalde, Concelleiro
Delegado (de Cultura, de Infraestructuras, de Servicios, de RTV,
...), Secretario, Funcionario municipal, etc |
| |
b) |
Participación dos
órganos municipais colexiados (Pleno, Comisión de Goberno, Comisións
Informativas) en asuntos relacionados coa cobertura |
| |
c) |
Fontes de información
que serven de base á resposta municipal: Reclamacións veciñais,
Bandos municipais, Expediente de indagación, Enquisas a nivel municipal,
Informes Técnicos municipais, Informes Técnicos Externos, Estimacións
persoais do remitente, etc. |
| |
d) |
Reclamacións institucionalmente
formuladas ante diversas Entidades e Organismos: MINISTERIO DE FOMENTO,
XUNTA DE GALICIA, RETEVISIÓN, TVE, TVG, etc. |
C) Cobertura da radio
Analízase a información
recibida sobre RNE e preséntanse a cartografía dos datos dispoñibles sobre
cobertura de radio (Mapa 2):
| |
a) |
Municipios sen datos,
por falta de resposta |
| |
|
|
| |
b) |
Municipios con resposta
sen datos sobre a cobertura de RNE |
| |
|
|
| |
c) |
Municipios de cobertura
moi deficiente |
| |
|
|
| |
d) |
Municipios de cobertura
deficiente |
| |
|
|
| |
e) |
Municipios de cobertura
normal |
D) Cobertura da televisión
Analízase a información
recibida sobre TVE e preséntanse a cartografía dos datos dispoñibles sobre
cobertura de TV (Mapa 3):
| |
a) |
Municipios sen datos,
por falta de resposta |
| |
|
|
| |
b) |
Municipios con resposta
sen datos sobre a cobertura de TVE |
| |
|
|
| |
c) |
Municipios de cobertura
moi deficiente |
| |
|
|
| |
d) |
Municipios de cobertura
deficiente |
| |
|
|
| |
e) |
Municipios de cobertura
normal |
E) Información adicional
Neste epígrafe analízanse
algúns casos singulares que, na súa resposta á pregunta da enquisa, aportan
adicionalmente outras informacións de especial interese para o mellor
coñecemento dos problemas reais en materia de cobertura:
| |
a) |
Deficiencias de
cobertura noutras canles diferentes a TVE (TVG, ANTENA 3, TELECINCO,
CANAL +) |
| |
|
|
| |
b) |
Colaboración dos
servicios técnicos do MINISTERIO DE FOMENTO e da XUNTA nos problemas
de medición de sinal |
| |
|
|
| |
c) |
Planeamentos de
RETEVISIÓN ante as necesidades puntuais de cobertura |
| |
|
|
| |
d) |
Instalación puntual
de pequenos reemisores municipais |
F) Contraste con enquisas
anteriores
Neste epígrafe contrástase
a información agora dispoñible coa obtida nas dúas enquisas similares
anteriormente realizadas por este Consello Asesor, onde se formulaban
as seguintes preguntas:
|
Ano 1989 |
Recepción e cobertura,
en cada municipio, dos programas emitidos a través da 1ª e 2ª canle
de TVE e de RNE. |
| |
|
| |
Participación do
22.04 %, 69 Concellos do total de 313 entonces existentes |
| |
|
|
Ano 1991 |
Recepción en cada
municipio, expresada en %, de:
a) As emisoras de
Televisión TVE1, TVE2, TVG, TELECINCO, ANTENA3 e CANAL +
b) As emisoras de
Radio RNE1, RNE2, RNE3, RNE4, RNE5 e RADIO AUTONÓMICA GALEGA |
| |
|
| |
Participación do
84.35%, 264 Concellos dos 313 entonces existentes |
G) Conclusións do Informe
A resultas
da información dispoñible na enquisa, plantéxanse as principais conclusións
nos seguintes apartados:
| |
a) |
A atención á cobertura
de televisión, a emitida polas canles de xestión pública (TVE,
TVG) e a emitida polas canles de xestión privada (ANTENA 3, TELE
5, CANAL +), como servicio público ó servicio dos cidadáns |
| |
|
|
| |
b) |
A situación actual
da cobertura de televisión en Galicia, dada a complexidade da orografía
que impide a difusión directa das sinais, e a necesidade de ampliar
ou mellorar as prestacións de RETEVISIÓN, entidade responsable
do funcionamento da rede de cobertura das canles de ámbito estatal
(TVE1, TVE2, ANTENA 3, TELE 5 e CANAL +) |
| |
|
|
| |
c) |
As interferencias
doutras sinais e, en especial, as existentes nas zonas próximas
a ASTURIAS e PORTUGAL |
| |
|
|
| |
d) |
O funcionamento dos
servicios da Administración (estatal e autonómica) no control da
calidade das sinais dispoñibles na cobertura e, no seu caso, a
aportación de solucións para resolvelas deficiencias non atendidas
por RETEVISIÓN |
| |
|
|
| |
e) |
A instalación de reemisores
puntuais polos Concellos, para compleméntala cobertura de RETEVISIÓN,
e as consecuencias derivadas das necesidades de mantemento e actualización
dos equipos |
H) Índice toponímico
Inclúese aquí o índice toponímico
dos lugares, parroquias e municipios que aparecen citados nas respostas
de cobertura, así como a correspondente explicación individual dos motivos
polos que aparecen citados na enquisa.
A clasificación adoptada
para os topónimos correspóndese coa seguinte tipoloxía:
|
1 |
Concellos |
|
2 |
Cidades e vilas
de entidade superior á parroquia |
|
3 |
Parroquias |
|
4 |
Lugares |
|
5 |
Barrios de lugares |
|
6 |
Zonas puntuais (rúas,
por exemplo) |
|
7 |
Topónimos xeográficos
(reemisores, por exemplo) |
|
8 |
Sinónimos e transcripcións
|
|
9 |
Topónimos pendentes
de identificación |
A codificación de cada topónimo
dispón así de 7 cifras e integra, de esquerda a dereita, os 3 díxitos
correspondentes ó Concello, os 2 da Entidade Colectiva (parroquia) e os
2 da Entidade singular (vila, lugar, aldea, ...), mantendo a orde alfabética
provincial para os Concellos:
|
Código 101 a 194: |
94 Concellos da
provincia de A CORUÑA |
|
Código 201 a 267: |
67 Concellos da
provincia de LUGO |
|
Código 301 a 392: |
92 Concellos da
provincia de OURENSE |
|
Código 401 a 462: |
62 Concellos da
provincia de PONTEVEDRA |
Ese
mesmo criterio, a orde alfabética, manténse para as parroquias do concello
e para os lugares de cada parroquia, tendo en conta o NOMENCLÁTOR oficial
ENLACES
para VERSIÓN WEB:
Na versión
do INFORME en formato .htm, prevista para a súa posible utilización coa
rede de INTERNET (páxina web do CONSELLO ASESOR, en preparación), no ÍNDICE
TOPONÍMICO incorpóranse enlaces que permiten acceder directamente á información
dispoñible sobre os Concellos en diversas páxinas institucionais, como
se describe a continuación:
| |
Na columna
TOPÓNIMOS |
a) |
Pinchando no nome
do Concello (cór vermella), accédese directamente ó NOMENCLATOR
da XUNTA DE GALICIA, onde se indican as parroquias que configuran
o Concello |
| |
|
b) |
Pinchando no nome
da Parroquia (cór azul), accédese directamente ó NOMENCLATOR
da XUNTA DE GALICIA, onde se indican os lugares desa parroquia |
| |
|
|
|
| |
Na columna
IDENTIDADE |
a) |
Pinchando no enlace
Web(Nº---)xunta de
cada Concello, accédese directamente á información dispoñible sobre
ese Concello nas páxinas da XUNTA
DE GALICIA (concellos / eido local) |
| |
|
b) |
Pinchando no enlace
Web(Nº---)crtvg, accédesete directamente
á información dispoñible sobre ese Concello nas páxinas da CRTVG |
| |
|
c) |
Para aqueles Concellos
que dispoñan de páxina web institucional, está previsto incorporar
o acceso directo a esa páxina pinchando na verba CONCELLO
desta columna |
| |
|
d) |
Para aquelas Diputacións
que dispoñan de información específica sobre os Concellos nas súas
páxinas web, está previsto incorporar o acceso directo a esas páxinas
pinchando, nesta columna, no nome da correspondente provincia (A
CORUÑA, LUGO, OURENSE,
PONTEVEDRA) |
I) Anexo documental
Inclúese aquí as referencia
da documentación allea utilizada para elaborar o Informe e a copia de
documentos relevantes propios da enquisa.
| |
a) |
Datos de poboación: |
INSTITUTO NACIONAL
DE ESTADÍSTICA
INSTITUTO GALEGO DE
ESTATÍSTICA |
| |
|
|
|
| |
b) |
Datos de superficie: |
“MUNICIPIOS Y PARROQUIAS
DE GALICIA”
Autores: Mª Pilar
de Torres Luna, Mª Luisa Pérez Fariña y José Manuel Santos Solla
Publicado (1989) pola
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| |
|
|
|
| |
c) |
Outros datos de interés |
“OS CONCELLOS GALEGOS”
Xosé Fariña Jamardo
Publicado (1993) pola
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA |
| |
|
|
|
| |
d) |
Mapas |
Mapa de parroquias,
a escala 1:200000
Mapa comarcal, a escala
1:250000
XUNTA DE GALICIA |
| |
|
|
|
| |
e) |
Toponimia oficial |
NOMENCLATOR
da XUNTA DE GALICIA
Datos
na páxina web da XUNTA DE GALICIA |
|
2- |
Documentación propia
da enquisa |
| |
Anexo 1: Carta
ós Concellos para solicitar a información |
| |
Anexo 2: Mostra
de respostas con enquisas a nivel municipal |
| |
Anexo 3: Mostra
de respostas con medicións técnicas da cobertura |
| |
Anexo 4: Mostra
de respostas con mala cobertura de RNE |
| |
Anexo 5: Mostra
de respostas con mala cobertura de TVE |
| |
Anexo 6: Mostra
de respostas con deficiencias en varias televisións |
| |
Anexo 7: Mostra
de respostas relacionadas con interferencias |
| |
Anexo 8: Mostra
de respostas relacionadas con reemisores |
| |
Anexo 9: Mostra
de respostas relacionadas con RETEVISIÓN |
| |
Anexo 10: Mostra
de respostas diversas |
|