A resultas da información dispoñible, plantéxanse
como principais conclusións:
9.1.- Nas respostas dos Concellos existe mais
información sobre a cobertura da televisión que sobre a cobertura
da radio, o que pode explicarse por:
1.- A audiencia de RNE é inferior á de TVE,
suscitando menos queixas
2.- As programacións de RNE 1 e RNE5 “TN”,
dispoñibles en OM e FM teñen, lamentablemente, moitas zonas de sombra.
RADIO CLÁSICA e RADIO 3, que soio se emiten en FM, aínda teñen menos
cobertura.
3.- Na cobertura de RNE, sin rede de reemisores
puntuais polas limitacións das frecuencias dispoñibles, a única
posibilidade de actuación dos Concellos está nos acordos para emitir
a programación de RNE polas frecuencias das emisoras municipais
(VIVEIRO, por exemplo).
9.2.- Existe unha gran inquietude pola cobertura
de televisión como servicio público, tanto a das canles de xestión
pública (TVE, TVG) como a das canles de xestión privada (ANTENA
3, TELE 5, CANAL +). Así o confirma a existencia dos diversos reemisores
municipais para tódalas canles e as respostas dos concellos onde,
ademais de informar sobre as deficiencias na cobertura das canles
públicas que se solicitaba na enquisa, engaden, pola súa propia
iniciativa, queixas sobre a cobertura das canles privadas, poñendo
especial énfasis nos dereitos dos cidadáns a recibir as sinais de
televisión e, obviamente, a recibíla con un mínimo de calidade.
Como exemplo, poden verse as respostas dos concellos de CERVANTES,
NAVIA DE SUARNA, AVIÓN, etc.
9.3.- A cobertura actual da televisión en Galicia
é insuficiente. A existencia de zonas sin cobertura e a existencia
de lugares onde non se pode ver a programación territorial de Galicia
(algunhas reciben as sinais por Asturias), poñen de manifesto a
necesidade de ampliar e mellorar as prestacións de RETEVISIÓN, entidade
responsable do funcionamento da rede de cobertura para as canles
de ámbito estatal (TVE1, TVE2, ANTENA 3, TELE 5 e CANAL +).
9.4.- En Galicia existen moitas interferencias
de sinais foráneas, que non soio afectan ás zonas fronteirizas.
As sinais das emisoras portuguesas, por exemplo, crean deficiencias
directas nos concellos próximos á fronteira pero chegan (especialmente
no verán) á zona de FISTERRA, potenciadas pola cadea de reemisores
de RETEVISIÓN (DOMAIO, CABO DE FISTERRA, ...)
9.5.- En Galicia preséntanse deficiencias na
cobertura de TV por interferencias de sinais derivadas de innovacións
ou melloras:
1.- Deficiencias acentuadas por novas instalacións
como, por exemplo, as presentadas nos concellos de CAMARIÑAS e SAN
SADURNIÑO como consecuencia dos parques eólicos
2.- Deficiencias acentuadas pola entrada en
servicio das emisións de radiodifusión en sistema dixital como,
por exemplo, as presentadas nos concellos de SANTIAGO DE COMPOSTELA
e TRABADA
3.- Deficiencias acentuadas pola instalación
de novos reemisores, que melloran unhas sinais e perxudican outras
como, por exemplo, as presentadas pola instalación do reemisor de
TRABANCA SARDIÑEIRA no concello de VILAGARCÍA DE AROUSA, que mellora
as sinais das televisións privadas e perxudica as de TVE
9.6.- As respostas dos Concellos poñen de manifesto
a necesidade de colaboración das diversas Administracións (local,
autonómica e estatal) para afrontálos problemas de cobertura, especialmente
no control da calidade das sinais dispoñibles (que deben cumplir
as condicións establecidas nos regulamentos técnicos e de prestación
do servicio de difusión, aprobados polo goberno). Como exemplos
desas demandas plantexadas polos Concellos podemos considerar:
1.- A solicitude de estudios técnicos, para
determinar exactamente as deficiencias existentes no seu territorio,
solicitada expresamente polos Concellos de FENE, TOQUES, POIO e
VILABOA
2.- O arbitrio de solucións para problemas
puntuais non resoltos por RETEVISIÓN como, por exemplo, os plantexados
nos concellos de BERGONDO, BETANZOS, BRIÓN, NEDA, NEGREIRA, SAN
SADURNIÑO, PEDRAFITA DO CEBREIRO, POIO, VALGA, VILABOA e VILAGARCÍA
DE AROUSA
9.7.- A instalación de reemisores puntuais
polos Concellos, para compleméntala insuficiente cobertura de RETEVISIÓN,
crea posteriores obrigas económicas, para o mantemento e actualización
dos equipos, que non sempre poden ser asumidas polos presupostos
municipais, como manifestan varias respostas
9.8.- A existencia de dúas redes de cobertura,
a das canles estatais (RETEVISIÓN) e a da TVG (RETEGAL), ante a
necesidade de instalar micro-reemisores puntuais para algunha délas,
plantexa a posibilidade de optimizalos recursos públicos evitando
a duplicidade de instalacións con postes que poidan emitir simultáneamente
as sinais da TVG e as da rede de RETEVISIÓN. Poden citarse, como
exemplo, as respostas dos concellos de PEDRAFITA DO CEBREIRO, AVIÓN,
BUEU e FORCAREI