|
|
| Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas | |
Envíanos a túa opinión Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario. Máis información sobre o tema - Non hai Envíalle esta noticia a un amigo Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes. |
|
Campaña de autopromoción dos premios de publicidade en galego e da páxina web do Consello O Consello Asesor da RTVE-Galicia aporta un único premio para este concurso: 1° premio.- 600 Euros e placa acreditativa. PARTICIPANTES Poden concursar tódol@s alumn@s matriculad@s en Publicidade, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual dalgunha das Facultades de Galicia. Pódense presentar traballos individuais ou en grupos, elaborados integramente en galego. BRIEFING A campaña respetará os seguintes puntos: TARGET.- Non diferenciado, abrangue en conxunto á sociedade galega. IDEA CENTRAL.- Dar a coñecer, o acto no que se farán públicos os anuncios galardoados no XII Premio de Publicidade en Galego, convocado polo Consello Asesor de RTVE en Galicia e a páxina web do Consello. CONTIDOS.- Deseño completo da estratexia de comunicación informativa a seguir e, no caso de resultar gañador, poñela en práctica. PRODUCCIÓN A producción final da estratexia de comunicación correrá a cargo do Consello Asesor de RTVE en Galicia. PRESENTACIÓN As obras presentaranse con pseudónimo, acompañadas dun sobre pechado no que constarán os datos persoais d@s autor@s (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e buzón electrónico). PRAZOS Os traballos remitiranse a sede do Consello Asesor, sito na Praza da Quintana, nº2-1º 15704 Santiago de Compostela, antes do 31 de maio do 2005. XURADO Estará composto por membros do Consello Asesor de RTVE-Galicia asistidos por expertos en comunicación. O fallo do xurado, que será inapelable. A entrega do premio terá lugar no acto de entrega dos XI Premios de Publicidade á de Publicidade en Galego do Consello Asesor de RTVE-Galicia. Os dereitos de autor dos traballos serán cedidos ó Consello Asesor de TVE-Galicia. A presentación de traballos a concurso implica a plena aceptación das bases do mesmo.
|
|
|||||
Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com |
|||||