cabecera
  Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas
 
Envíanos a túa opinión

Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario.

Máis información sobre o tema
- Non hai

Envíalle esta noticia a un amigo
Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes.


 

 

 

 

 

 


O Consello Asesor estrea páxina web
Os cidadáns xa poden acceder á web do Consello Asesor de RTVE Galicia
A páxina estará operativa desde o primeiro de febreiro

A través da dirección http://www.conselloasesor-rtvegalicia.com calquera cidadán que o desexe, pode acceder ós contidos que ofrece, dun xeito gratuíto, o Consello Asesor de Radio Televisión Española. A páxina é unha das ferramentas máis operativos para poder consultar os traballos que desenvolve este organismo.
Á páxina web presenta seis grandes apartados de información. O primeiro deles atópase a información relacionada co funcionamento e a creación deste organismo. Na segunda, a máis interactiva e denominada Foros e Enquisas, os usuarios que o desexen poden acceder as enquisas sobre a televisión que propón o Consello Asesor cada certo período de tempo. Do mesmo xeito, abriranse de cote os foros para que os cidadáns poidan expresar libremente as súas opinións sobre a televisión. No apartado informes, publicaranse os traballos de investigación que se realizan dentro do Consello. Polo de agora, só se pode acceder a un informe sobre a situación das coberturas televisivas e radiofónicas en Galicia, realizado no ano 2003. Do mesmo xeito, os usuarios poden acceder tamén a un apartado de noticias, onde varias veces ó mes se publicarán as informacións relacionadas, tanto coa televisión en Galicia, coma co propio Consello Asesor. Por último, os usuarios poden realizar directamente as consultas que precisen en cada momento así como acceder a unha escolma de enlaces con sitios web de interese relacionados coa televisión.





   
consorcio banner

 

Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com