|
|
| Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas | |
Envíanos a túa opinión Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario. Máis información sobre o tema - Non hai Envíalle esta noticia a un amigo Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes. |
|
Outorgáronse os premios de televisión, radio e Internet BAP Conde gaña o premio Publicidade 2004 Mención especial a Atlético International por facer un spot en galego O Grupo Bap Conde, co anuncio da empresa de alimentación Gadis, foi o gañador do Premio de Publicidade 2004, organizado polo Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia. O xurado destacou a calidade do spot publicitario do gañador e quixo tamén facer unha mención especial á axencia publicitaria ARENA GRUPO VOLKSWAGEN, autora do anuncio do vehículo Seat León, "polo esforzo da realización dun anuncio para televisión en lingua galega". Na categoría de radio, o xurado decidiu premiar o traballo da axencia de publicidade CLESA pola cuña da compañía láctea. Xa no apartado de Internet, o xurado acordou facer unha mención especial ao sitio Caramelo Colección Outono-Inverno 2004-2005, creado pola compañía galega Interacción.
|
|
|||||
Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com |
|||||