cabecera
  Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas
 
Envíanos a túa opinión

Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario.

Máis información sobre o tema
- Non hai

Envíalle esta noticia a un amigo
Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes.


 

 

 

 

 

 


Acordo tomado el día 4 de abril
O Consello Asesor de RTVE Galicia defende o centro territorial de RTVE en Galicia
Súmase así aos apoios mostrados por varias institucións de Galicia

O Consello Asesor aporobou apoiar o mantemento do Centro Territorial de RTVE en Galicia e defende a importancia para a Comunidade Autónoma.
De conformidade coa lei 10/1983 de decembro, REGULADORA do Consello Asesor de RTVE en Galicia, dacordo cos capítulos I (ámbito de actuación art.1) e capítulo II (funciones art. 2) e de acordo co Artigo 14.2 do ESTATUTO de RADIO E TELEVISIÓN, que sinala que en cada COMUNIDADE AUTÓNOMA haberá un Consello Asesor (art. 13.2), do Estatuto de Galicia (art. 24) da lei 1/1983 do 22 de febreiro e tendo en conta que unha das principais obrigacións deste Consello a defensa dos medios de comunicación públicos de Galicia (RTVE) e á vista da situación actual en canto ao “PLAN DE VIABILIDAD” presentado pola SEPI no que se cuestiona o mantemento da maior parte das emisións de TV e Radio desta Comunidade Autónoma os membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia,
ACORDAN:
1º. Ante a proposta da SEPI de redución dos horarios de emisión e suspensión de programas tanto en RNE como en TVE solicitar o mantemento do Centro Territorial de Galicia cas mesmas horas de emisión, e mesmo que se incrementen.
2º. Apoiar o mantemento de toda a estrutura e redes do devandito Centro en Galicia polo papel que tanto RNE como TVE-G veñen xogando no apoio e vertebración da nosa identidade social, cultural e lingüística, pola alta consideración que merecen diante da nosa cidadanía, pola súa función como instrumento imprescindible a hora de dar a coñecer a realidade na que se desenvolve o noso país, e pola alta cualificación técnica e adicación dos seus profesionais. En particular, incidimos no mantemento dos espazos en galego na programación de RNE, especialmente en Radio 5.
3º. Instar a que se teñan en conta a hora de manter este Centro territorial non só as especificidades culturais e lingüísticas senón tamén as potencialidades do Centro nun marco de produción e programación xeral a nivel estatal e, por tanto, solicitar que se manteñan os Centros emisores, tanto en TVE como en RNE, en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela ao maior nivel e coas dotacións de persoal e medios técnicos que lles permitan realizar as súas funcións coas maiores garantías.
4º. Solicitar á Directora Xeral de RTVE que se convoque aos Consellos Asesores de España para que informe directamente das consecuencias do Plan de Viabilidade. En aplicación dos artigos 3, 4 e 5 da Lei de Creación do Consello Asesor de Galicia (Lei 10/1983) que facultan a este Consello Asesor para solicitar información que afecte ao Centro Territorial de Galicia e tendo en conta que o “Plano de Viabilidade” que está en trámite de estudo, demandar da Directora Xeral de RTVE que informe puntualmente este Consello Asesor de todo o relativo ao referido Plano de Viabilidade.
5º. Solicitar que, de acordo cos Estatutos correspondentes, se manteñan os Consellos Asesores a fin de que cumpran o que está establecido por Lei.
Santiago de Compostela, a catro de abril de 2006
ANEXOS
Información en relación con este tema, pronunciáronse:
- Presidente Xunta de Galicia (roda de prensa).
- Secretaría Xeral Política Lingüística.
- Consello da Cultura Galega.
- Mesa pola Normalización Lingüística.
- USC. Facultade de Ciencias da Comunicación.
- Comité de Empresa RTVE en Galicia.
- Partido Popular de Galicia.
- Partido Socialista de Galicia.
- Bloque Nacionalista Galego.
- UGT de Galicia.
- CCOO de Galicia.





   
consorcio banner

 

Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com