|
|
| Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas | |
Envíanos a túa opinión Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario. Máis información sobre o tema - Non hai Envíalle esta noticia a un amigo Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes. |
|
O Consello Asesor de RTVE en Galicia convoca a terceira edición do concurso Campaña de autopromoción dos Premios de Publicidade en Galego e da páxina web do Consello O premio será de 600 euros e diploma acreditativo Poden concursar tódol@s alumn@s matriculad@s en Publicidade, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual dalgunha das Facultades de Galicia. Pódense presentar traballos individuais ou en grupos, elaborados integramente en galego. A campaña respetará os seguintes puntos: TARGET.- Non diferenciado, abrangue en conxunto á sociedade galega. IDEA CENTRAL.- Dar a coñecer, o acto no que se farán públicos os anuncios galardoados no XIV Premio de Publicidade en Galego, convocado polo Consello Asesor de RTVE en Galicia e a páxina web do Consello. PREMIOS O Consello Asesor da RTVE-Galicia aporta un único premio para este concurso: 1° premio.- 600 Euros e diploma acreditativo. PARTICIPANTES Poden concursar tódol@s alumn@s matriculad@s en Publicidade, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual dalgunha das Facultades de Galicia. Pódense presentar traballos individuais ou en grupos, elaborados integramente en galego. PRESENTACIÓN As obras presentaranse con pseudónimo, acompañadas dun sobre pechado no que constarán os datos persoais d@s autor@s (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfonos de contacto e buzón electrónico). PRAZOS Os traballos remitiranse a sede do Consello Asesor, sito na Praza da Quintana, nº2-1º 15704 Santiago de Compostela, antes do 30 de abril do 2007. XURADO Estará composto polos membros do Consello Asesor de RTVE-Galicia asistidos por expertos en comunicación. O fallo do xurado será inapelable. A entrega do premio terá lugar no acto de entrega dos XIV Premios de Publicidade á de Publicidade en Galego do Consello Asesor de RTVE-Galicia. Os dereitos de autor dos traballos serán cedidos ó Consello Asesor de TVE-Galicia. A presentación de traballos a concurso implica a plena aceptación das bases do mesmo.
|
|
|||||
Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Praza da Quintana, 2 -1º. 15704 - Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com |
|||||