cabecera
  Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas | Histórico
 
Envíanos a túa opinión

Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario.

Máis información sobre o tema
- Non hai

Envíalle esta noticia a un amigo
Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes.


 

 

 

 

 

 



Marcos Gómez Román e Jacobo Varela Suanzes-Carpegna tomaron posesión, como membros do Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG
Os novos conselleiros, representantes do PP, sustituen a Luis De la Matta e Ángel Currás

O Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG, en funcións, ven de renovar a súa composición, tras as baixas voluntarias producidas no seu dia, nas persoas de Ángel Currás Fernández e Luis de la Matta, ambos os dous representantes do PP. De acordo co establecido na Lei Reguladora do Consello Asesor de RTVE en Galicia, e de conformidade coas designacións efectuadas polo Parlamento de Galicia, na súa sesión plenaria do 14 de febreiro de 2012, foron nomeados como novos conselleiros Marcos Gómez Román e Jacobo Varela Suanzes-Carpegna.
O xornalista Marcos Gómez substitúe ao tamén profesional da información, Luis De la Matta. Na actualidade, Gómez Román desenvolve a súa labor xornalística na Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Pola súa banda, Jacobo Varela é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e tamén realizou estudos de Ciencias Políticas e da Administración. Actualmente desenvolve o seu labor como Xefe de Servizo de Réxime Xurídico da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. Compre sinalar que Luis de la Matta tomou posesión en decembro do ano pasado como membro do Consello de Administración da CRTVG e Ángel Currás presentou a súa renuncia no pasado mes de febreiro, como membro deste Consello, por mor do seu traballo como tenente alcalde do Concello de Santiago de Compostela.





   
consorcio banner

 

Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Rúa do Hórreo, 61 (planta baixa)- Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com