cabecera
  Consello Asesor | Foros e enquisas | Informes | Noticias | Enlaces | Consultas | Histórico
 
Envíanos a túa opinión

Se o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este formulario.

Máis información sobre o tema
- Non hai

Envíalle esta noticia a un amigo
Podes enviarlle esta noticia á persoa que o desexes.


 

 

 

 

 

 


XIX edición dos premios de publicidade en galego
Os anuncios de Inega, Vía Romana e "Ler Librarías" gañan os premios de publicidade en galego
Os premios foron entregados en Lalín


Os reclamos publicitarios “Plan de axudas para adquisición de vehículos eficientes”, “LER Muros” e “Vía Romana”, do INEGA, LER LIBRERIAS e ADEGAS E VIÑEDOS VIA ROMANA, S.L., respectivamente, foron os gañadores da XIX edición dos premios de Publicidade en Galego que cada ano convoca o Consello Asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG. Ao acto de entrega dos galardóns asistiron o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro Durán, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o alcalde do Concello de Lalín, D. Xosé Crespo Iglesias e o presidente do organismo convocante, Xosé Miguel Alonso Boó.

Os premios, que foron outorgados por unanimidade do xurado, reunido o pasado 7 de maio en Santiago, tamén recairon na axencia publicitaria Reclam Publicidad, Radio Nordés-Cadena Ser e en Imaxe-Arista, empresas creativas do banner de Internet do INEGA, cuña de radio encargada por LER LIBRERIAS e o spot televisivo para ADEGAS E VIÑEDOS VIA ROMANA.
O galardón, considerado como algo orixinal, único e de contrastado prestixio, foi creado en 1993 coa vontade de promocionar a realización de anuncios na nosa lingua, nun intre no que non era práctica habitual –nin sequera esporádica- facelo nos medios de comunicación. Dos traballos que cada ano se presentan a concurso –este ano superouse, outra volta, o centenarvalóranse especialmente a súa orixinalidade e, por suposto, as súas calidades lingüísticas. Os orixinais que compiten son cuñas de radio, spots televisivos ou banners de internet.
En palabras do presidente do Consello Asesor, “o prestixio presente e futuro da nosa fala dependen de que na sociedade cale o necesario sentimento de afecto e de utilidade que, sen dúbida ten para todos nós; e hoxe temos aquí exemplos delo. O galego é útil en calquera ámbito. Tamén na publicidade. E por iso o Consello Asesor da RTVE-G e da CRVG en funcións tivo a ben organizar e convocar este premio, único no seu xénero. Pero ese futuro do que falaba, e ao que hoxe contribuimos, require do consurso de todos, dun esforzo especial, compartido e continuado no tempo”.
Para Xose Miguel Alonso Boó, o futuro da nosa fala depende de que na sociedade cale o necesario sentimento de afecto e de utilidade”. Tras indicar que este ano os premios se entregaban por primeira vez na semana das Letras galegas, o presidente do Consello Asesor referiuse ao “universal Laxeiro” como un dos “mellores publicistas que tivo esta parte do mundo titulada Lalín”. Nese sentido anunciou tamén que o agasallo co que se recoñecen aos mellores anuncios en galego cambiaron este ano de iconografía: “as estatuiñas que imos entregar –dixo- son pezas únicas deseñadas para o concello de Lalín, e feitas por Sargadelos, co alcume de “O Naranxo”, ese entrañable personaxe que o xa mencionado Laxeiro inmortalizou nun dos seus cadros”.





   
consorcio banner

 

Web oficial do Consello asesor de r.t.v.e en Galicia - Rúa do Hórreo, 61 (planta baixa)- Santiago - T. 981.57.14.62 - Mail. info@conselloasesor-rtvegalicia.com