| |
Envíanos a túa opinión
Se
o desexas, podes enviarnos a túa opinión cubrindo este
formulario.
Máis información sobre o tema
- Non hai
Envíalle esta noticia a un amigo
Podes
enviarlle esta noticia á persoa que o desexes. |
|
Noticias
OS XVIII PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO RECAEN EN DOUS ANUNCIOS DE CAIXA GALICIA E TURGALICIA
Os reclamos publicitarios “Toda Galicia quere seguir crecendo” e “Gárdasme o segredo”, de
Caixa Galicia e Turgalicia, respectivamente, foron os gañadores da XVIII edición dos premios
de Publicidade en Galego que cada ano convoca o Consello Asesor de RTVE en Galicia e da
CRTVG. Ao acto de entrega dos galardóns asistiron o secretario xeral de Medios da Xunta,
Alfonso Cabaleiro Durán, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez, a
delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Dna. Lucía Molares Pérez e o presidente do organismo
convocante, Xosé Miguel Alonso Boó.

|
RECOMENDACIÓNS PARA UN BO USO DA TELEVISIÓN
O Consello Asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG, en funcións, na intención de colaborar a un uso máis adecuado da televisión polos nosos menores, presentamos unha serie de recomendacións que sirvan de guía aos educadores e axuda ó logro deste fin.

|
Nova sede do Consello Asesor
O Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG ven de trasladar a súa sede oficial á Rúa do Hórreo, 61 (pranta baixa) 15702 – SANTIAGO DE COMPOSTELA. Teléfono 981 571 462.

|
Entrega dos XVII Premios de Publicidade en Galego
Baixo a presidencia do SR. D. ALFONSO CABALEIRO DURÁN, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, procedemos á entrega dos XVII PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO, convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG, CONSTITUIDO EN XURADO O DÍA 7 DE OUTUBRO DO 2010, ACORDA POR UNANIMIDADE OUTORGAR:

Autoridades asistentes ao acto de entrega, galardoados desta XVII Edición e membros do Consello Asesor da CRTVG e RTVE-G.

|
Os XVII Premios de Publicidade en Galego entréganse o venres en Lugo
Os premios, que están convocados polo Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, terán nesta edición un galardón especial en atención á Muralla
O Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G entregará este venres, ás 19 horas, no salón de actos da Deputación de Lugo os galardóns aos gañadores dos XVII Premios de Publicidade en Galego. O certame - que ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e a utilización do galego en todos os ámbitos da comunicaciòn- conta co patrocinio da Secretaria Xeral de Medios e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e coa colaboración da Deputación luguesa.

|
Presentación do Premio de Publicidade en Galego, na Deputación de Lugo
O Consello Asesor de RTVE en Galicia presentou o pasado xoves, 22 de abril, ás 12.00
horas, na Deputación de Lugo (r/ San Marcos, s/n), o “XVII Premio de Publicidade en
Galego”. O concurso vai dirixido a medios de comunicación, axencias e entidades
promotoras que difundan anuncios e cuñas en galego. Nesta XVII edición convócase
tamén un Premio especial para a promoción da Muralla de Lugo, que contará coa
colaboración da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo.

|
Guerra aberta aos audímetros
Por Luis de la Matta (membro do Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG)
Dende hai uns anos, a batalla polas vendas en produtos como a roupa deportiva, os coches ou os electrodomésticos deixou de formularse en termos exclusivamente de calidade, e pasou a librarse no campo da chamada responsabilidade social corporativa.
Importaba a resistencia dun determinado tecido, pero tamén as condicións laborais das persoas que o confeccionaban; importaba a estética dun vehículo, pero cada vez téñense máis en conta as súas emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Hai que lavar a roupa, si; pero por que non facelo gastando menos electricidade e reducindo o consumo de auga?

|
Preguntas do deputado Francisco Rodríguez
Resposta do presidente da Corporación RTVE no Congreso dos Deputados
A resposta de Luis Fernández di que non se prevé despedir a ningún traballador do Centro Territorial en Galicia
O presidente da Corporación de RVTE, Luis Fernández, respondeu s 7 preguntas formuladas polo deputado do Grupo Mixto (BNG) Francisco Rodríguez. Explica que todas as saídas dos traballadores foron pactadas e aprobadas en referendum.

|
Outorgáronse os premios de televisión, radio e Internet
BAP Conde gaña o premio Publicidade 2004
Mención especial a Atlético International por facer un spot en galego
O Grupo Bap Conde, co anuncio da empresa de alimentación Gadis, foi o gañador do Premio de Publicidade 2004, organizado polo Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia.

|
Concurso do Consello Asesor RTVE-G
Premio compartido no Concurso das campañas de autopromoción
O xurado propuxo aos gañadores a elaboración dunha proposta conxunta
O Consello Asesor da Radio Televisión Española en Galicia concedeu o premio do concurso “Campaña de autopromoción dos premios de publicidade en galego e da páxina web do Consello” ás propostas tituladas “Implícate para gañar” e “Os pugas”

|
|