Recomendacións para un bo uso da televisión

O Consello Asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG, en funcións, na intención de colaborar a un uso máis adecuado da televisión polos nosos menores, presentamos unha serie de recomendacións que sirvan de guía aos educadores e axuda ó logro deste fin.
A Liberdade de expresión e o dereito á información son dous dereitos sustanciais a toda a sociedade democrática. Así os establece e recoñece de maneira expresa a Constitución no seu artigo 20, pero así mesmo e no apartado 4 deste art. define que: “Estas liberdades teñen o seu límite no respeto aos dereitos recoñecidos neste Titulo, nos preceptos das leis que o desenvolven e, especialmente, no dereito ao honor, á intimidade, á propia imaxe e á protección da xuventude e da infancia. É labor do entorno familiar dos menores atender á correcta utilización dos medios de comunicación, e sobre todo da televisión. A responsabilidade do que ven os nenos na televisión é basicamente dos maiores que con eles conviven e aos que atañe a súa formación.

RECOMENDACIÓNS

É fundamental elixir, e por elo deberemos poñernos de acordo cos menores na selección dos programas máis axeitados a súa idade. Ensinar non a ver televisión, senon programas de televisión; para elo deberemos informarnos dos contidos dos programas de televisión para menores. O tempo que os menores dedican a ver televisión debe ser limitado, desconectemos o aparato cando conclúa o programa seleccionado. A televisión non debe ser un frigorífico e debe de apagarse cando non se utilice. Debemos mirar a televisión na compaña dos menores, comentando aspectos do programa utilizando as súas valores, ensinándolles a cuestionar e valorar o que ven, estimulando a súa capacidade crítica. Dialogar con eles sobre o papel da publicidade facerlles entender que non todo o que di a publicidade é certo. Aproveitemos o valor da televisión para educar os nosos menores.

Fagámoslles entender a diferenza entre realidade e ficción, axudémoslles a distinguir o que é información do que é entretemento, o que sirve á formación do que tan só pretende entreter. Se non é posible estar cos nosos menores, interesémonos polo que ven e polos motivos das súas preferencias. A televisión non pode restar horas de sono que son necesarias para o desenvolvemento físico e psíquico dos menores, debendo limitar un horario de uso da televisión. Utilicemos o DVD como medio de rexistrar programas que poidan ser do interese dos menores e que por horario o por outras causas non poidan ser contemplados por eles, visionándoos nos momentos axeitados. Debemos transmitirlles e motivarlles no disfrute da variedade de actividades alternativas a ver televisión procurando o seu interese por elas: Xogar cos amigos, practicar deporte, realizar actividades ao aire libre; buscar alternativas de ocio distintas ao visionado da televisión. Evitemos que a televisión sexa a única fonte de información e a única opción cultural dos nosos menores fagamos que se interesen pola lectura, cómics, libros prensa, que escoiten radio, que vexan cine, teatro etc… Recordemos que os nenos tenden a facer aquilo que ven nos maiores tamén no que atañe a ver televisión.